martes, 19 de febrero de 2013

Novo auto do Xulgado do Mercantil

O Xulgado do Mercantil número 2 de A Coruña notificou un novo auto desestimando o recurso interposto pola Axencia Tributaria ó auto de 30 de xaneiro polo que o xulgado decidía sobre a suspensión dun embargo administrativo acordado pero non executado por facenda, sobre bens do Deportivo relativos a dereitos de cobro.
O xulgado confirma a suspensión do embargo e ordena ó xulgado de Primeira Instancia número 6 da Coruña, onde estaba despositada esta cantidade (arredor dun millón de euros) que a ingrese na conta do Deportivo intervida.
O xulgado desestimou o recurso ó entender que se trata dunha cantidade necesaria para que o club continúe a súa actividade. Ó recurso tamén se opuxeran o Deportivo, o administrador concursal e NCG Banco.

No hay comentarios: