jueves, 11 de abril de 2013

O Deportivo xógase ser o estar contra o Levante

O sábado hai que botarlle fío a cometa para que o Deportivo da Coruña, Melide, Vilagarcía, Padrón, Vilalba, Monforte de Lemos, Cee, Ourense, Lugo, Pontevedra, Vigo e tódolos recunchos de Galiza, España e do Mundo, non se perda entre as nubes. O Deportivo xógase ser o estar, só vale gañar ou gañar, aínda que estarán presente en tódolos seareiros as contas da leiteira barallando combinacións cos resultados que se darán noutros campos para seguir soñando. ¿Porque non?. Tres de tres, o equipo en camiño ascendente, bañados os xogadores de moral e de fervor deportivista. Os afeccionados o pasado sábado amosaron que o Club é un sentimento incardinado no sentir de miles de persoas coreando: “O Depor é de Primeira” “Si se pode” “Pódese carallo” nas bancadas do estadio de Riazor. É tempo de contas e contos. O da leiteira esta facendo furor entre os deportivistas, o que leva a palma, é a especulación sobre o efecto que terá a moral no equipo pasado mañá. Chegou Fernando Vázquez e comezou o Deportivo a camiñar pasiño a pasiño polo camiño da salvación. ¡Joer co tío! Castrofeito pariu un mesías, o prometido no Deportivo, estaba en tódalas quinielas e nunca chegaba o premio.

Os xogadores tardaron en bater o cobre e facer que os afeccionados recuperaran a ilusión. Díxeno hai tempo: o xogador que non se atope capacitado, que vaia á enfermaría e diga que ten un problema nos isquiotibiais, así só traballarán os que queren que o Deportivo quede en Primeira División. Os afeccionados queren soñar, é o “produto” intanxible que máis barato costa, aínda que para soñar, hai que gañar partidos.

Quizais un día os salvadores se decaten que o sentimento deportivista nace nun escudo debuxado fai mais de cen anos e nas cores branca e azul. Non son as palabras de xogadores

as que embriagan aos seareiros, senón goles para seguir soñando

como Fernando Vázquez, soñou que soñaba un sono e ao final do partido en Mallorca espertaron os afeccionados á realidade de que a permanencia na Primeira División era posible. No partido xogado contra o Zaragoza, a nosa Virxe do Rosario ganoulle a partida a do Pilar, botounos unha man. O Alcalde da Coruña é como o Guadiana, cando as cousas melloran o vemos no palco VIP.

Moito fío para a cometa e moitas contas da leiteira para combinar resultados. Tres é o número da sorte. ¿Entendes?.

CLUB DEPORTIVO LUGO

O nabo mecánico- nome posto polo meu amigo da cadea SER Lugo,Emilio González -que dirixe Quique Setién, está a dar a badalada na súa andaina por Segunda División. O sábado contra o Alcorcón debe certificar no Anxo Carro a súa condición de equipo revelación, sumar e facer que os seguidores do equipo soñen que pode xogar a Fase de Ascenso a Primeira División. Non é locura o que escribo, a realidade é palpable, xogan de memoria, marabillando a todolos seareiros. Nas bancadas un so nome: Quique Setién. Ponse vermello o adestrador cando o seu nome é coreado polos seareiros de xeneral, os xóvenes son o motor dos cánticos de ánimo ao equipo. O cántabro na súa cuarta temporada en Lugo síntese como un lucense mas. Como na Coruña, os ídolos no son os xogadores, trocaron os tempos, os adestradores cando van mal as cousas son os culpables, pois cando van ben e lóxico que recoñezan os seareiros o seu traballo. Equipo ten mais que suficiente para conseguilo, aínda que o artífice do milagre é un encantador de serpes, que ocupa a dirección deportiva do equipo das murallas, Carlos Mouriz.

O CD Lugo esta inmerso na reconversión a S.A.D. estamos en tempo de crese é certo, non é menos certo que os seareiros acudiron a retirar as súas accións para que o equipo sexa dos accionistas, como pasa co Deportivo da Coruña. É tempo de facer boas as palabras dos políticos locais e provinciais, espérase que as responsables do Concello é Deputación cumpran o prometido, axudando a un equipo que leva o nome de Lugo por España adiante. A Deputación aposta polos fillos de Breogán, entre pitos e frautas case un millón de euros de axuda directa e indirecta, ao equipo de baloncesto. Os políticos lugueses solo se mollan cando hai goteiras no Anxo Carro. Alcalde, concelleiros e deputados van os partidos para saír na foto, as axudas ao CD Lugo están por chegar. Prometer e non dar…

O fútbol é un deporte, cando se mestura coa política, algúns personaxes exercen de trileiros tentando concitar con xogos de fería, algúns votos. En Lugo e A Coruña os políticos escríbena con letras maiúsculas. ¡Manda carallo!

No hay comentarios: