domingo, 5 de agosto de 2012

Pregón Congreso peñas do Deportivo




Boas tardes damas e cabaleiros. È un privilexio ler o pregón do XVII Congreso da Peñas do Deportivo. Sería un necio si non dixese que hoxe é un día especial para min, como deportivista e xornalista. O meo agradecemento a os dirixentes da peña deportivista Bodipo Casa Freire por outorgarme esta honra. As persoas que levamos o sentimento mais alá do amor a os cores que reflicten o sentimento, cando falamos do Deportivo, a alma aléase co corazón e sentímonos importantes. Hoxe con todos vos, síntome unha persoa importante. Vou despoxarme da vestimenta de xornalista e poñerme as cores que enchen a miña alma: azul e branco. Son as cores da ilusión, sentimento e paixón. O azul representa o ceo da Coruña, reflectido nas augas que bañan as súas costas e o branco, a espuma das olas que, con bravura de costa, petan contra as rochas os dias de forte temporal. Así é o Deportivo: bravo como amar e inmaculado como o Ceo
Si os xogadores son o elemento imprescindible para ganar partidos, os seareiros sodes mais que necesarios para espolear ós profesionais dentro do terreo de xogo. Unidos formades esa rocha que ninguén é capaz de trochar, formades parte de ese racimo de plátanos, que tanto gusta dicir a Lendoiro. Apiñados seredes mais fortes, por esa razón, as peñas que aínda non están federadas, deberían unirse a Federación.
Ven a memoria o berro desesperado que saia dende as bancadas do estadios de Riazor, como si fose o gruñido dun león ferido: Depor, bótalle ovos...cando os xogadores vagaban polo céspede, como si foran almas en pena en procesión da Santa Compaña. Ao escoitar a os seareiros, nalgún profesional os ovos saian veloces do escroto, subíanlle a gorxa, e poñíanse de garabata. Afinaban o xogo, carallo si o afinaban, non fose a ser que perdesen algún ovo pola súa indolencia sobre o terreo de xogo. Somos a mellor afición de España, pera tamén a mais esixente. Que ninguén o esqueza, sobre todos, aqueles que lanzan constantemente dardos contra o Deportivo, tentando de rachar un sentimento
O Deportivo é amor en tódaslas dimensións, por esa razón provoca éxtase nas e nos deportivistas, de igual xeito que cando facemos o amor e chegamos ó clímax. Á decepción co descenso. Buscamos culpables. Lotina foi o chivo expiatorio, culpámolo de todos os males do descenso. É obvio que tivo a súa parte de culpa, como o resto da plantilla. Durou o gatillazo, o que dura un suspiro. Ó día seguinte, os que sentides paixon e amor polo Deportivo, acudiades a chamada de Lendoiro, dixo: dende agora póñome a traballar sen descanso, para crear un equipo que nos leve en un ano outra vez a Primeira División. Lendoiro fortaleceu as estruturas de Casa Depor , non deixou sair a xogadores que ofrecian bos dividendos por eles: Colotto, Guardado, Aranzubía, Riki, Laure, preferiu quedar sen miñoca nas arcas e acadalo ascenso. O presidente, malia a os seus inimigos, que falan dos fracasos, cumpre sempre o que di, aínda que en moitas ocasións, súbese ao platanal e esvara. É crible, logrou concitar a mais de trinta mil seareiros nas bancadas do Estadio para animar ao equipo
Non quero ser soez, permítanme esta licencia para dicir que o ascenso foi o momento sublime do clímax, en todas as seareiras e seareiros. Pasamos bos e malos momentos durante a noite longa de pedra en Segunda División. As derrotas escocia. O adestrador cando lle faciamos algunha pregunta estaba a defensiva. Difícil illar o terreo profesional do persoal, esa raia é imposible delimitala. En mais de unha ocasión e iso que teño experiencia en lidiar ganderías de moitos cornos, criticando dende a construción, os resultados adversos do equipo, situación que provocou algún que outro enfrontamento co adestrador, moitas veces non entendidos polos ultra defensores de Oltra. Os seareiros sodes o Club, pase o que pase, permaneceredes con sentimento deportivista, os profesionais hoxe bican un escudo e maña outro
Os peñistas federados sodes o motor dun barco que navega en augas bravas, loitando contra vendavais empuxados por poderes facticios, condicionando posibles ingresos económicos nas arcas do Deportivo. Lendoiro é un grao no cú para aqueles que levan años lanzándolle dardos, se reinventa día a día para manter ao equipo na elite do fútbol español. Na Coruña, o Real Club Deportivo de La Coruña, non é profeta. ¡Manda carallo!. Sada e Negreira, grazas as peñas de ámbalas dúas vilas, foron as primeiras en recoñecer o que estaba a facer o Club coruñés por Galicia, sendo o mellor embaixador da Nación de Breogán no Mundo. A Federación de Peñas traballou sen descanso para que o Deportivo de La Coruña, tivera o recoñecemento que lle corresponde. Presionachedes dende todolos ángulos a un alcalde que non amaba o fútbol, para que rotularan unha calle co nome do Real Club Deportivo. A súa indolencia ao Club, non permitiu recoñecer o que significaba o Deportivo para un amplo sector económico da cidade. O actual alcalde, Carlos Negreira, é consciente do que significa un Deportivo en Primeira División para o sector hostaleiro e de servizos, e da repercusión social que ten na cidade, decidiu  unha ronda co nome do Deportivo. Dentro de poucas datas será unha realidade, grazas a Federación de Peñas. O Deportivo deixará a rua para irse de ronda, a terceira vai a vencida. É un dos moitos legados que Xosé ramón Pena e a súa xunta directiva deioxará a futuras xeneracións para que saiban, o equipo no ano 2012, converteuse oficialmente profeta na súa terra, e para mais gloria, sendo presidente do Club, Augusto Joaquín César Lendoiro
Os peñistas federados sodes os arquitectos dun sentimento que ten mais de cen anos, cento seis para ser mais exactos. Estades para engrandecer o Club dende a liberdade e a crítica construtiva. Non digades amen a todo o que emana dende a Praza Pontevedra, iso os fará mais grandes. Non hai cor mais fermoso co aleado entre o branco e azul que se olla nas bancadas dos estadios foráneos, alá onde vai xogar o Deportivo, acompañado de os seareiros. Fúchedes de sempre os motores do sentimento deportivista, o eixo da paixón branquiazul e os condutores da ilusión. A partir de xa tedes un reto: encher Riazor cada xornada de fútbol. A meta son trinta mil aboados. Ánimo, a por eles, sei que sodes capaces de organizar unha campaña de captación e cumprir o obxectivo
Hoxe remata un ciclo na Federación de Peñas. Elixiredes a unha persoa xove, dinámica, tenda moito traballo por diante para unir a todas as peñas na Federación. Quero mencionar de maneira especial a un home que merece o recoñecemento a o seu traballo. Foi o pioneiro en organizar eventos dende a peña deportivista Ribera de Sada. Necesitaría horas para falar de Xosé Ramón Pena e do seu traballo a prol da unión entre as peñas, puxo a primeira pedra do que hoxe á unha forte realidade, a Federación de peñas do Deportivo
Os que tomades o relevo ides ter moito trabalo que facer, Xosé Ramón e o seu equipo deixan o listón moi alto, teredes que reinventaros para acadar dende o traballo, o que o Deportivo o os seareiros están a demandar, so se acada con traballo, traballo, traballo
Aplicando o vello refrán: a unión fai a forza, as peñas sodes imprescindibles para lograr esa comunión entre tódolos que sentimos no peito o peso do escudo e as cores do noso sentimiento. Trinta segundos para rematar o pregón, dicindo que o Deportivo é

Miradoiro sobre o mar
xunta proa e toldiña
é á vez leito e cadeira
da alma, para soñar

Eo soño cun Deportivo ilusionante, capaz de acadar metas que nos leven a viaxar por Europa. Soño con tódalas peñas federadas, para facer mais forza contra os elementos que desexan destruir unha ilusión, e sobre todo, queridas amigas e amigos, os meus sonos deportivos son de cores, os do sentimiento e paixón: branco e azul

FORZA DEPOR


 



No hay comentarios: