sábado, 7 de abril de 2012

¿Onde está o galeguismo auténtico?




O galeguismo do Século XXI pasou do secuestro político, a ser un sentimento que aniña en miles de corazóns de galegas e galegos que cren na Identidade de Galicia. Os políticos do nacionalismo actual arriman o ascua á súa sardiña, afirmando que o BNG é a casa común do galeguismo. Non comparto para nada tal afirmación, só coincido nunha cousa coa formulación do BNG: O galeguismo non é patrimonio de ningún partido político, pasou a fronteira das siglas hai moitos anos. Ningún partido pode proclamarse herdeiro político do pensamento de Castelao, Bóveda, Galán, Suárez Picallo... nin de tantos mártires que fixeron mortal ofrenda por Galicia. Os nosos antergos son patrimonio, como a bandeira ou o himno, de todos os que creemos en Galicia como realidade

Tampouco está o galeguismo baixo o paraugas das siglas do hoxe denominado Partido Galeguista, secuestradas e esquecidas no ostracismo da escena política durante máis de doce anos, por tres custodios do autodenominado galeguismo "histórico". No momento de emerxer o PG da man de Manuel Soto (exalcalde de Vigo-PSOE) Xabier González., Manuel Suárez e Chesqui, acompañados doutros pseudos galeguistas, o proxecto político non calou na sociedade galega por falta de credibilidade nos dirixentes e apoio dos galeguistas historicos, como Avelino Pousa Antelo. As siglas sacrosantos do PG estan a manciñarlas todos aqueles que tentan utilizalas para acadar un anaco de poder nas vindeiras eleccións autonómicas, O pobo xa falou en varias ocasions, alguns políticos foron enviados a casa cando tentaron ampararse no paraguas das devanditas siglas. Páreceme unha coña mariñeira que emerxa o PNG-PG, o PGD, amosan falta de seriedade e rigor político para ser criibles

Galicia necesita un proxecto político serio, con ideas acorde cos tempos que vivimos, lideradas por xente nova, non por camaleóns que onte apiaron nos concellos ao PSOE e hoxe, para seguir tocando moqueta de poder, ao PP, por esa razón, a sociedade galega, cansa de fracasados percorrendo o camiño de volta, buscando no ocaso da súa credibilidade, un oco para defender intereses de cobiza persoal, inventando aventuras politicas carentes de rigor e seriedade.
A chamada "Cuarta vía Galeguista" debe ser o aglutinador do moderno pensamento galeguista, no que teñan cabida persoas cribles, con capacidade e intelixencia dabondo para resolver os graves problemas que na actualidade ten Galicia. A mercadotecnia política do goberno do PP, está a servir para debuxar un País de contos de fadas, obviando as necesidades perentorias herdadas do matrimonio de conveniencia PSOE-BNG. O "bo rollito" da actual Xunta non se corresponde coa realidade de Galicia, tan dispar como o día e a noite. O pobo galego está a demandar unha converxencia galeguista de centro, unha concentración de pensamentos nos que teñan cabida todos os galeguistas con ideas renovadores, para impulsar o desenvolvemento económico, social e cultural da Nación de Breogán. Un proxecto para ser crible, debe estar liderado por persoas de amplo recoñecemento galeguista, que coñezan a realidade da Terra e loiten para cambiar o sistema, non para aburguesarse, como pretenden agora todos estes tipos denostados polos votos dos galegos, que desexan continuar tirando do teto da vaca e iso que en Galicia, as gandarías están en crise


 

No hay comentarios: