martes, 10 de abril de 2012

Olívicos e cascarilleiros, unidos no derbi






Ninguén podrá rachar por un partido de futbol o sentimento de galeguidade de Vigo e A Coruña, A Coruña e Vigo, tanto monta. Duas cidades condenadas a entenderse, que loitan pola exemonia galega en todolos campos, como é licito. No fútbol non se afunden prestiges, nin as vagas de lumes desolan os montes, nin moito menos riadas que arruinan pobos e familias, nin políticos trileiros con patente de corso, aínda que en en Vigo veremos aos serafíns de luxo da política galega acudir a Balaidos para facerse a fotografía de rigor. ¡Foder, xógase o derbi!. O mais sobresaínte da última semana en todos os telexornais foi a queima das fragas do Eume.
Non quero imaxinar si se produce un altercado entre as duas aficions, ainda que sexan catro e o da botella, sairán en todos os informativos decindo que os ultras galegos son a pior aficion de España. Lembro a frase de un “espabilado” medio de comunicación na que dicia que os ultras de Vigo e A Coruña eran os mais violentos de España. A millor aficion do fútbol español é a do Deportivo, en Segunda División, mais de veinticinco mil seareiros pasaron por caixa retirando o seu carnet de aboado, e para demostralo cada domingo, están nas bancadas co seu equipo animando dende o inicio do partido ata o final. A do Celta dará a talla o domingo acudindo masivamente a Balaidos
O fútbol é un sentimento cargado de paixón polas cores de cada siareiro, onde os equipos fan gozar durante noventa minutos aos seus incondicionais. É lóxico cada afeccionado desexe que gañe o seu equipo, aínda que sexa no ultimo minuto, si é de penalti moito millor, para fastidiar mais ao rival. Solo é fútbol, non unha batalla
Os enfrontamentos Deportivo Celta, Celta Deportivo van máis aló do deporte, veñen marcados pola triple repercusión que teñen as dúas cidades no ámbito, cultural, político e económico do noso País. Os galegos non pecamos de ignorancia, sabemos diferenciar o que é un sentimento deportivo, do innoble proceder da morralla que pretendía emponzoñar os machs disputados polos dous equipos en Riazor ou Balaídos, as dúas cidades son galegas, e consecuentemente irmás. Intereses espurios tentarán cargar as tintas no derbi para obter rendabilidade mediatica, misturando deporte e politica, aleación peligrosa como pode ser a gasolina e as copas
O domingo, dia quince vaise a xogar o partido que irmana sentimentos de dous cidades, referente da idiosincrasia do país galego, tendo como denominador a cor azul-turquesa do Océano Atlántico, mar polo que navegaron as ilusións dos mozos conquistadores que ían na procura do Dorado venezolano, arxentino, uruguayo, etc, ou europeo. Incluso en Australia, Nova Zelanda, etc, alí onde se atope un galego, seguirán o partido por Internet escoitando a Radio Galega.
O sentimento da Nación de Breogán está por enriba do aproveitado político, abrindose paso a cobadazos para sair no retrato, desexando monopolizar o encontro no seu favor, como fixo o alcalde de Vigo, Cabaleiro de apelido. So de apelido. A máis pura esencia do fútbol con todos os aditamentos que fixeron deste deporte a nai de todos os deportes, vaise a dar cita en Balaidos. As doce da mañá levantarase o telón do teatro do sentimento cando saian dos vestiarios os representantes de tódolos galegos, portando o estandarte de Galicia. Sobre o terreo de xogo dous equipos que converterán o encontro no clásico futbolístico que máis interese concita entre os galegos de acá e acolá: de Galicia a diáspora converténdoo no maior espectáculo deportivo en clave galeguista.
O Deportivo chega nun momento óptimo de xogo e resultados, batindo records de números. A maxia do Celtiña a pon Paco Herrera está acadando unha armonía casi perfecta, que o convirten nun dos equipos da Liga española que millor fútbol practica en Segunda División, ainda que, na casa os resultadops foron adversos no arranque de Liga, agora atopou a súa identidade. Herrera manexa os tempos con excelente maestría como si fose o director dunha Sinfónica, os profesores futbolísticos executan á perfección a partitura.
O novo Deportiviño de José Luis Oltra ateigado de xogadores de Primeira División, atoparon a filosofía do adestrador, convertindo Riazor nun castelo inexpugnable. O derbi xogado en Riazior foi o punto de inflexión no que o Deportivo comezou a camiñar cara arriba na clasificación, facendo ilusionar a os seus co ascenso a Primeira. Por ovos e profesionalidade, a victoria pode ser para calqueira dos dous equipos, teñen todo iso abondo. Nacín no bario de San Amaro, os meus cores da toda vida son os de Deportivo, esa é a razón para pensar que o equipo coruñés debe ganar o derbi.
As vellas rifas quedaronse afogadas para sempre no mesmo Océano que baña as costas das duas ciudades, que ninguén volva a reavivar os rescoldos de aquel lume, en nada beneficia as dias aficions. Os leais de sempre do Deportivo respectan ao adversario e apoian ao seu equipo. Uns poucos non poden enturbar o derbi, ten que ser a gran festa do fútbol galego, con colorido nas bancadas e animando, no caso do Deportivo a os seus, como o farán os afeceoados do Celta, dando un curso de bo facer ámbalas duas aféesenos. A afición do “Centolo atómico” alcume do Deportivo, goza da simpatía de todalas aficions pola sua entrega a un sentimiento, despois de descender o equipo, son o apoio incondicional para recuperalo perdido
Ao final do partido, gañe quen gañe, no meu caso que sexa o Deportivo, que soe A Rianxeira en perfecta simbiosis das dúas afeccións, a rivalidad dura noventa minutos, a amizade e o respeto, toda a vida
 
 





 
 

1 comentario:

RiChY dijo...

Haber , si que hay que ser respetuosos y tal y pascual . Pero la realidad es distinta cuando se escuchan insultos y ofensas muy gratuitas por parte de unos .Los de las lonas son muy envidiosos y llega asta tal punto que un dia se encontraron la lampara de Aladino y este les dijo que de cumplirles un deseo . Tenia que darle doble deseo a su vecino . Pues bien ¿ sabes cual fue su deseo , querido Gonzalo?Le pidio al genio quedarse sin la vista de un Ojo.