miércoles, 7 de agosto de 2013

As benaventuranzas do Deportivo


 

 Asterión,  Minotauro impúdico, cabrón con corpo de home e cabeza de touro . Eu recoméndoche conserves en letrina de merda infernal, ao espírito maldito dos todólogos e salvadores do Deportivo, que muxen coma si foran vacas as nefastas ideas para desprestixiar e afundir o equipo. Si facedes caso, tódolos deportivistas sodes uns incautos. Vade retro Satanás. Os inimigos do equipo coruñés deixan o irrefutable cheiro a estercoleiro, como no seu tempo facíano o calexón de Tabares, ou a merda que inunda as rúas da Coruña.
-Benaventurados os salvadores do Deportivo, porque eles non levarán chalecos salvavidas si se afonde a nave deportivista.
-Benaventurados os que poñen pedras no camiño do equipo coruñés, porque eles farán a autoestrada para chegar as portas do inferno.
-Benaventurados aqueles que de boa fe creen na canteira, porque eles picarán en vetas douro celestiais.
-Benaventurados os que creen nas verbas dos todólogos, porque eles serán agasallados coa lectura da Biblia.
 -Benaventurados os deportivistas que cren no que din os Administradores Concursais, porque eles entrarán no reino dos santos inocentes.
-Benaventurados os accionistas do Deportivo, porque eles algún dia serán ricos de espírito.
-Benaventurados os mancos, porque eles liáranse a patadas cos todólogos que falen mal do equipo coruñés
-Benaventurados os xornalistas deportivos, porque leremos ante Deus as noticias dos fichaxes do Deportivo.

-Benaventurados os accionistas que van as Asembleas esixindo claridade nas contas, porque eles verán ao santo Job cando suban ao Ceo.
-Benaventurados os dirixentes da Federación de Peñas do Deportivo,  eles eran o San Benitiño do Lendoiro e por un anaco de pastel, convertéronse en células bolxeviques contra o presidente.
-Benaventurados os membros do Consello de Administración, porque eles aforrarán o que ían gastar nas vacacións no mes de agosto.
- Benaventurado o presidente do Deportivo, porque atopará no fondo das augas de  Riazor,  as chaves de matarile que abrirán tódalas portas.
- Benaventurado o presidente de Federación de Peñas,  escoita con devoción  os peñistas, e non queda sordo.
-Benaventurados os salvadores do Deportivo, si non se lles ve, é por falta de calcio.
-Benaventurado o Alcalde da Coruña, que a pesar de tardar seis meses en emborracharse de deportivismo, verá a Lendoiro dúas veces no Teresa Herrera.
-Da mar o mero; e na terra, o salvador  mentireiro.

OREMUS

Meigas do aquelarre, queimade no lume eterno do inferno de Belcebú a todos aqueles salvadores e todólogos que tentan foder ao Real Club Deportivo da Coruña. Gocemos con alegría dun equipo  referente do fútbol da Nación de Breogán. Fagamos da Liga 2013/2014 un trampolín, onde a maxia convértase en ilusión, e poidamos disfrutar ollando como un equipo xoven loita ata o derradeiro minuto para acadar a categoría perdida, deixando de ser ascensor. Amén.

 

 

 


 

No hay comentarios: